CREBINSKY, o filme de Enrique Otero deixounos unha sensación esperanzadora: a crise económica non finou ao bo cine. Próximo a duascentas persoas tiveron o privilexio de comprobarllo na estrea da película en Gondomar o pasado sábado 14 de abril no Auditorio Municipal Lois Tobío. Por riba, gozaron dun faladoiro posterior co director da obra, onde ademais de decatarse dunha infinidade de anécdotas da produción e do rodaxe, informáronse de primeira man da realidade pola que atravesan os creadores da “sétimo arte” no país.
O vindeiro sábado 14 de abril o cineasta Enrique Otero presentará CREBINSKY, o filme por el dirixido e producido entre outros por Luis Tosar; gañador de múltiples festivais nacionais e internacionais. A película será exhibida a partir das 20:30 horas no Auditorio Municipal de Gondomar “Lois Tobío”. O acto é organizado polo IEM coa colaboración da Concellería de Cultura de Gondomar. A entrada é gratuíta ata completar aforo.