O Instituto de Estudos Miñoranos convida a interesados a inscribirse no IX Curso de Verán de Extensión Universitaria “Crise vs Creatividade: os desafíos do audiovisual galego”, a desenvolverse no concello de Celanova, os vindeiros días 18, 19 e 20 de Xullo. O curso está dirixido a estudantes universitarios e tamén a calquera persoa interesada no mundo do cine. Cun total de 70 prazas, o prazo de inscrición vence o día 18 de xullo e os interesados deben dirixir a súa solicitude ao correo oficina@minhor.org .