O próximo venres 23 de setembro o Instituto de Estudos Miñoranos organiza unha nova actividade con motivo do Centenario de Cunqueiro. Nesta ocasión estará con nós o profesor da Universidade de Vigo, Manuel Forcadela que ademais de falarnos da obra do mindoniense presentaranos o documental que dirixiu en homenaxe a Álvaro Cunqueiro.