Na Universidade de Vigo, o Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) celebrou un Curso de Extensión Universitaria baixo o título “Enerxía Eólica en Galicia: o seu impacto no mundo rural”. O obxectivo do Curso foi reunir a un conxunto de expertos que trataron os aspectos máis relevantes do desenvolvemento da enerxía eólica en Galicia e o seu impacto no medio rural. O mesmo estivo destinado a destinado a estudantes de todos os graos da Universidade, así como aos propietarios do medio rural, ás súas asociacións, aos colectivos sociais con intereses na defensa do medio rural e ao público en xeral.