Abrimos inscricións para o curso gratuíto “Iniciación á paleografía de textos galegos” a desenvolver polo profesor Xulián Maure Rivas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira Nº10, Gondomar). Os interesados deben dirixirse ao correo oficina@minhor.org ou polo teléfono 986360575 de luns a venres de 18 a 22 horas. A convocatoria ten un límite de dez prazas e remata o vindeiro venres 28 de marzo.