A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza unha Xornada de Toponimia o sábado 27 de abril, de 10.00 a 19.00 horas, na casa da cultura de Lusquiños, na parroquia de Tomeza. Neste encontro se presentarán as ferramentas empregadas para a recuperación dos topónimos que o Concello está a desenvolver a partir do programa “Chamámonos así”, que conta coa supervisión do IEM a través do arqueólogo e experto en toponimia Xosé Lois Vilar.