Esta aberto o prazo de matrícula do curso de verán “A Tradición Oral Galego – Portuguesa: metodoloxía e tratamento das fontes”. O curso de 30 horas de duración ten concedidos 2 créditos pola Universidade de Vigo. O seu custe é de 60 € o público xeral e a organización comunica que os alumnos da Universidade de Vigo e bolseiros terán as pertinentes reducións.
O curso terá lugar en Allariz na sede da Fundación Vicente Risco dende o 15 ata o 17 de setembro.