O vindeiro venres 23 de maio ás 20:30 horas terá lugar a estrea da curta documental AUGA, TERRA, AIRE… (A BOLSA), dirixida por Pablo Casal e realizada por Ollomol Audiovisual. O acto contará coa presenza de Pablo Banga (fotografía e edición) e Pablo Casal (guión e dirección) e será presentado por Pedro Telmo Rodríguez, publicista e director do xornal Valminor.info.
A curta trata da perdurabilidade dos obxectos que nos rodean. E unha crítica a sociedade de consumo, ao “só un uso” de moitos dos materiais que se desbotan á primeira de cambio. A protagonista é unha bolsa de plástico azul típica dos pequenos establecementos de comestibles. Durante os, aproximadamente, 13 minutos que dura este traballo, desprazarase polos tres elementos (terra, auga e aire) e protagonizará diferentes situacións (cotiás e non tanto) que esperamos cheguen a ter a repercusión que perseguimos.