Informamos que quedan as últimas prazas para anotarse no curso “Dende o badal ao clic”, unha proposta académica da Universidad Internacional Ménendez Pelayo (UIMP) co obxectivo de preparar a profesionais, estudantes e público en xeral, ante os desafíos que presentan as novas transformacións que está a sufrir o medio rural en Galicia. O curso se desenvolverá os días 6,7 e 8 de setembro na Aula de Cultura Ponte de Rosas (sede do Instituto de Estudos Miñoranos), en Gondomar e o prazo de inscrición vence o vindeiro martes 4 de setembro.