O Plenario da Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2012 a Valentín Paz Andrade (Lérez, Pontevedra, 1898 – Vigo, 1987). Paz Andrade foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1964 e numerario desde 1978, cando deu lectura ao preceptivo discurso, que titulou A galecidade na obra de Guimarães Rosa, e que foi respondido en nome da institución por Álvaro Cunqueiro. A resolución foi adoptada na sesión ordinaria do venres 4 de xuño