{youtube width=”250″ height=”200″}jkHg-saT1zg{/youtube} Durante a segunda conferencia do ciclo 75 anos despois foi presentada a última obra do historiador Dionisio Pereira González: Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939). A obra, editada no ano 2010, toma como fío …
Durante a segunda conferencia do ciclo 75 anos despois será presentada a última obra do historiador Dionisio Pereira González, Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939). A obra, editada no ano 2010, toma como fío principal a evolución do asociacionismo mariñeiro en Galicia na etapa contemporánea. Afonda no desenvolvemento da conflitividade social e laboral no «Mar dos Galegos» dende finais do século XIX e comezos do XX, así como na represión que tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936 se dirixiu contra todo este tecido individual e colectivo.