-O libro Distancias e Simetrías, gañador do V Premio Victoriano Taibo- Entidade Local de Morgadáns xa está a venda.
-A obra será presentada durante a entrega do premio que terá lugar este sábado 17 de novembro ás 19:30 horas na Escola de Guillufe (Morgadáns).
A escritora María Concepción Álvare Lebredo ofrécenos Distancias e Simetrías, un poemario que fala de realidades, desexos e temores moi íntimos, dun xeito directo que consegue facernos partícipes. Gañadora do V Certame de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns, a obra toca á lectora, ao lector, cun estilo sinxelo, nada pretensioso, mais -se cadra precisamente por iso- tremendamente efectivo a nivel emocional.