O pasado domingo 13 de maio, 35 veciños de Gondomar asinaron unha declaración voluntaria de reafirmación da súa galeguidade “ante un dos momentos máis transcendentes da vida, o da morte”, ca manda para os seu herdeiros “da protección do legado cultural e lingüístico de Galicia”. Entre outras manifestacións, os asinantes rexistraron a súa peticiión expresa de ser lembrados nas súas lápidas cunha inscrición na nosa lingua. O acto tivo lugar no marco da iniciativa “En Galego agora e sempre”, que se desenvolveu na Entidade Menor Local de Morgadáns.