Cando, o 15 de febreiro, me tocou presentar a moi particular mirada que o fotógrafo ENRIQUE TOURIÑO MARCÉN ten, e mostra, do territorio que rodea a súa residencia gondomareña, fíxeno amparándome na miña visión subxectiva da súa obra; fíxeno nos seguintes termos:
O vindeiro venres 15 de febreiro ás 20 horas terá lugar a inauguración da exposición TERRA INCOGNITA, do fotógrafo Enrique Touriño Marcén. Con esta mostra de fotografía de gran formato, iníciase a nova tempada de exposicións na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), logo dun pequeno parón debido ás obras de remodelación da sede do IEM.
O prestixioso fotógrafo Enrique Touriño (veciño de Gondomar), será o encargado da presentación da exposición WORK IN PROGRESS, do plástico Miguel Vázquez, que terá lugar o vindeiro venres 30 de marzo ás 20:30 na Aula de Cultura Ponte de Rosas.