O vindeiro sábado 12 de novembro o poeta pontevedrés Carlos Solla, será galardoado coa entrega do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns, pola súa obra Holocausto Zacoe. O autor recibirá como premio unha escultura do artista miñorá Fino Lorenzo, 3.000 euros en metálico e a edición da súa obra. O acto terá lugar na Escola de Guillufe en Morgadáns, ás 19 horas e é aberta ao público.
{youtube width=”200″ height=”160″}BpzPP0XlxCg{/youtube}
O xurado do III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns reuniuse o pasado 4 de setembro de 2010 para deliberar sobre os orixinais que, nun total de 43, se presentaron nesta convocatoria.