O próximo venres 2 de xullo ás 20:30h. na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” , sede do Instituto de Estudos Miñoranos, (Avda da Feira, 10, baixo, Gondomar) terá lugar a inauguración da exposición de fotografías de José Romay, No Grande Azul
No acto inaugural ademais do autor estará tamén presente o director do Museo do Mar, Pablo Carrera, que promoveu a realización desta exposición, resultado dun dos proxectos considerados estratéxicos polo Museo do Mar de Galicia.