A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial invita a súa cea anual na que se realizará unha homenaxe a Pablo Carrera con motivo da súa marcha da dirección do Museo do Mar de Galicia. O encontro será no restaurante Tamanaco, na Illa de Arousa, ás 22:00 horas o 26 de novembro. Dado que o aforo do restaurante é limitado a 150 persoas, é preciso apuntarse con antelación no teléfono 986 524 845, en horario de 11:00 a 13:00 horas ou no correo fgcmf@culturamaritima.org. O prezo do menú será de 25 euros e o pagamento será no momento da cea.