Fai uns anos tiven oportunidade de visitar o campo de concentración de Sachsenhausen nas proximidades de Berlín. Percorrín cunha audioguía o campo atravesando arrepiado os barracóns, as celas, a área de castigo dos detidos, a cociña e os fornos crematorios. Preto dos fornos crematorios atopábase un edificio que chamou a miña atención: as salas de autopsia. Dúas salas de autopsia con mesas e paredes alicatadas onde os médicos investigaban os casos de malformacións e facían os seus experimentos. O soto albergaba un depósito de cadáveres con capacidade para máis de 200 corpos. Arrepiado escoitei que a”lei” ditada polo goberno “obrigaba” aos médicos do campo a certificar a morte nunha das cinco causas de morte posibles. Ningunha destas causas era violenta. Saín daquel lugar con mal corpo e cunha reflexión que vos transmito, que fixeses ti se foses médico forense do campo de Sachenhaussen?