O vindeiro venres 22 de xuño ás 20:30 horas un equipo de voluntarios de FIARE brindará unha charla informativa sobre o seu proxecto cara a unha “Banca ética”, na Aula de Cultura Ponte de Rosas. FIARE nace en España no ano 2003 e dende 2004 vén funcionando como prestadora de servizos financeiros de Banca Popolare Etica, unha entidade de referencia na banca ética europea.
En xaneiro de 2010 constituíuse a territorial galega, Asociación Fiare Galiza (Fiare GZ), a que se atopa nestes momentos na formación dunha cooperativa de crédito.