Dentro do programa “Fin de semana con Cunqueiro”, terá lugar un xeitoso faladoiro titulado “O cocido de Cunqueiro”, con Xavier Castro (catedrático de Historia Contemporánea da USC e especialista en historia da alimentación). O mesmo terá lugar o sábado 9 de marzo ás 13 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas. O convidado será presentado por Gonzalo Navaza (IEM).