O xurado do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local Menor de Morgadáns reuniuse o pasado 2 de setembro de 2011 para deliberar sobre os orixinais que, nun total de 47, se presentaron nesta convocatoria. A participación non só foi abundante senón tamén de gran calidade, como sinalaron unanimemente os membros do xurado, feito que dificultou a decisión de distinguir un dos libro co galardón deste ano polo que, nesta primeira reunión deliberatoria, decidiron seleccionar cinco finalistas para, en breves días, elixir un deles como gañador do certame.