Don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar é unha das figuras máis senlleiras da Historia Galega e, non obstante, aínda ben descoñecida. Ata o punto de que Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña,I Conde de Gondomar, publicado pola colección Mandaio de Biblos, é a primeira biografía en galego dun personaxe que defendeu as nosas costas dende mozo fronte aos ataques de Francis Drake, que participou na recuperación do voto en Cortes para a nosa terra, ou que lle valeu a Galicia ante os ataques do cronista portugués frei Brito nunha fermosa carta en defensa da caste galega.
O sábado 17 de decembro ás 20h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas de Gondomar será presentado o libro de Francisco Maseda Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña. I Conde de Gondomar.