As delegacións co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia de Pontevedra e Vigo, entregarán os premios Gran de Area 2012, de achegas á Arquitectura este venres 26 de outubro, ás 18 horas no Salón de Plenos do Concello de Campo Lameiro. Entre os galardoados atópase o noso compañeiro do IEM, Antonio Soliño Troncoso, polo seu proxecto “Rehabilitación e ampliación de vivenda unifamiliar en A Barga – Donas -Gondomar” . O seu traballo foi escollido entre 69 proxectos presentados para esta nova edición dos premios, e compartirá o recoñecemento do Colexio xunto con outras once creacións arquitectónicas visadas en Vigo e Pontevedra.