Xeira que comeza co punto de encontro ás 22 h. do mércores 11 de agosto na Chan da Lagoa, no concello de Baiona. Hai que subir pola estrada da Virxe da Roca. Despois de xuntarnos todos, continuaremos en coche ata a Cruz de Pao, uns 11 km. Pica aquí para ver o mapa. Agora toca andar e ver o campo de mámoas antes de chegar ao Foxo Pedriño para escenificar a captura do lobo. Co lobo xa no foxo, metaforicamente falando, tocaralle a quenda as estrelas.