{youtube width=”200″ height=”160″}yuEXH76Agv0{/youtube}
O Instituto de Estudos Miñoranos xunto con outra moitas Asociacións para a Recuperación da Memoria Histórica e as demais entidades adheridas á Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) participou no 18 de xullo na Illa de San Simón nunha homenaxe nacional ás vítimas do franquismo, seguindo a xeira comezada no 2006 -o ano da memoria- dedicado especialmente nesta ocasión a lembrar as familias dos represaliados que tiveron e teñen que sufrir as consecuencias do acontecido ao seu parente. Consecuencias polas que aínda hoxe non foron resarcidos.