{youtube width=”250″ height=”200″}kjO-bkFJIBc{/youtube}
O escritor Calros Solla recibiu o IV Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns nunha cerimonia celebrada na Escola de Guillufe o pasado sábado 12 de novembro. O gañador, autor de Holocausto Zacoe, obra premiada polo xurado, recibiu do presidente da Entidade Local de Morgadáns, Urbano Esmerode, unha escultura do autor miñorá Fino Lorenzo e mais un premio en metálico de 3000 euros.