Nunha sinxela e sentida homenaxe foron recordados os nove veciños do Val Miñor asasinados a madrugada do 16 de outubro de 1936 no quilómetro 58 da estrada Pontevedra Camposancos.
Amigos e amigas do IEM e da comisión Volta dos Nove
Setenta e catro aniversario dos asasinatos na Volta dos Nove Ofrenda floral na súa lembranza O próximo sábado 16 de outubro, no setenta e catro aniversario do asasinato dos nove veciños do Val Miñor na Volta dos Nove, celebraremos unha sinxela ofrenda floral ante a escultura de Fernando Casás. Será ás 13h. Agardamos contar coa vosa presenza neste necesario e permanente exercicio de memoria Saúdos Carlos Méixome – Director do Insituto de Estudos Miñoranos Ana Mª Rodríguez – Comisión Volta dos Nove