O Periódico de Atapuerca (editado polo equipo de investigación e a Fundación Atapuerca) publicou un artigo sobre os traballos arqueolóxicos que están a desenvolver dende hai tres anos o IEM en conxunto co CENIEH na conca baixa do Río Miño. Nomeadamente, o artigo asinado por Eduardo Méndez Quintas (IEM), Manuel Santonja (CENIEH) e mais Alfredo Pérez González (CENIEH), fai un resumo dos achados nas localidades de O Cabrón (Arbo) e Porto Maior (As Neves), na procura dun maior coñecemento do poboamento desta zona durante o Pleistoceno Medio.