O próximo sábado 29 realizarase unha visita guiada a Monteferro e a Serra da Groba no marco das III Xornadas de Toponimia organizadas polo Concello de Pontevedra. A cita é ás 10:30 horas no monumento de Monteferro. O guía será o arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM). Logo de rematada a camiñada, sobor as 12:30 horas a comitiva reunirase na caseta do Montouto (A Groba) onde logo da percorrida se fará unha merenda compartida. A invitación é aberta a todas e todos aqueles que queren participar.