O próximo xoves 10 de novembro ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) o Enxeñeiro Industrial Jesús Fernández Alonso pronunciará unha conferencia baixo o título “Lean Manufacture. A mellora da empresa”. O noso convidado será presentado polo tamén enxeñeiro industrial e alcalde Gondomar, Fernando Guitián Guitián.