O sábado 27 de novembro de 2010, ás 12h. no Salón de Plenos da casa do Concello de Nigrán, procedérase a entrega dos restos de JOAQUÍN IGLESIAS PORTELA á súa familia para que sexan soterrados no cemiterio de San Pedro da Ramallosa. Os restos do segundo cadáver atopado na Fosa-2 de San Xián e non identificado, probablemente tamén veciño de Nigrán, será soterrado no cemiterio de San Fiz de Nigrán.
Como estades informados, no mes de abril do pasado 2009, o Instituto de Estudos Miñoranos realizou a exhumación de cinco cadáveres en dúas fosas comúns localizadas en San Xián, concello do Rosal. Os restos foron identificados polo Instituto de Medicina Legal Xenética Forense da Universidade de Santiago de Compostela, dirixido polo profesor Ángel Carracedo e polo médico-forense Fernando Serrulla Rech da Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia.
joaquín inglesias portela
- Inicio
- joaquín inglesias portela