O vindeiro xoves 6 de xuño terá lugar a presentación da Associação José Afonso (AJA), na Aula de Cultura Ponte de Rosas, a partir das 20:30 horas. O acto contará coa proxección dun documental sobre o músico e compositor José “Zeca” Afonso e unha actuación poético musical de libre participación.