Despois de case un ano afastados dos directos, na procura de novas cancións e ilusións, Kogito “Ska feito na Galiza” volven aos palcos galegos con máis gañas que nunca de revolucionar os torreiros e tabernas do país. Nova formación, novos ánimos, pero as mesmas gañas de festa que os acompañaron á banda viguesa durante máis de dez anos .