Este martes 22 de outubro a mostra Labirintos de Manolo Ledo foi visitada por medio centenar de alumnos do CEIP Chano Piñeiro de Gondomar, acompañados dos seu profesores. Os cativos tamén participaron dun obradoiro arqueolóxico ofrecido polo autor da mostra, así como dunha charla sobre arte rupestre co arqueólogo e subdirector do IEM, Xosé Lois Vilar.