Berlín sinfonía dunha gran cidade (Die Symphonie der Großstadt) de Walter Ruttman, será o próximo título a exhibir no ciclo de cine “Lois Tobío na República de Weimar” organizado polo IEM e mais a Fundación Vicente Risco, coa , colaboración do Goethe Institut, o Ourense Film Festival e a Universidade de Vigo. A proxección terá lugar o próximo xoves 24 de marzo ás 20:00h na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM.
Comezou o ciclo de Cine “Lois Tobío na República de Weimar“, na Aula de Cultura Ponte de Rosas. A presentación do Ciclo estivo a cargo do Prof. Carlos Méixome, director do IEM e mais a Catedrática da Universidade de Vigo Mª Camiño Noia Campos. O primeiro filme exhibido foi O Anxo Azul (Alemaña, 1930)do director Josef von Sternberg. O ciclo continuará o próximo xoves, 24 de marzo co film Die Symphonie der Großstadt ( Berlín, sinfonía dunha gran cidade ) 1927, 62 min de Walter Ruttman. A proxección será ás 20 horas.
O Instituto de Estudos Miñoranos e a Fundación Vicente Risco, coa colaboración do Goethe Institut, o Ourense Film Festival e a Universidade de Vigo, organizan o ciclo de cinema “LOIS TOBÍO NA REPÚBLICA DE WEIMAR”.