O Instituto de Estudos Miñoranos abre a súa 13ª tempada consecutiva das TERTULIAS do IEM, co relatorio “O uso ilexítimo do poder na reforma da administración de xustiza”. Faladoiro que estará a cargo do xuíz Luís Villares Naveira, coordinador en Galicia da Asociación Xuíces para a Democracia e membro fundador da Irmandade Xurídica Galega. A licenciada en Dereito, Elsa Quintas Alborés presentará a TERTULIA. Será o o vindeiro venres 7 de novembro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar).