A Chan de Val Verde é unha coleccións de artigos xornalísticos escritos polo profesor Carlos Méixome e nados no xornal A Peneira. Vencellados ás pescudas que en materia de Memoria Histórica ven desenvolvendo Méixome a través do IEM, estes escritos achégan as pequenas narracións que rematan amosando a cara humana da Historia. A partir de hoxe e de xeito semanal compartiremos estes traballos.
“O rostro do nome”
As persoas que seguiron máis ou menos de preto todo o proceso de identificación e entrega dos restos dos cinco cadáveres exhumados nas dúas fosas de San Xián decataríanse de que estabamos a traballar con nomes e só cun rostro, o de Joaquin Iglesias, o carpinteiro de San Pedro. Dos outros catro non tiñamos esa imaxe que nos aproxima ás vítimas. Mesmo en dous casos nin nome tiñamos e seguemos sen ter.