A conferencia do historiador Perfecto Ramos Rodríguez permitiu amosar a figura de Marcelino Gómez Arias (1880-1924), xornalista e loitador republicano, cuxa andaina deixou a súa pegada na América do Sur, Portugal e Galicia. Marcelino Gómez emigrou a Bos Aires sendo moi novo onde toma contacto con sectores nacionalistas e revolucionarios das novas repúblicas de Uruguai e Arxentina.
O próximo venres 18 de febreiro ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas terá lugar a conferencia do economista, empresario e historiador Perfecto Ramos Rodríguez sobre Marcelino Gómez Arias (1880-1924): Unha loita pola República e o agrarísmo entre América, Portugal e Galicia.
O noso conferenciante será presentado por Carlos Méixome, historiador e director do Instituto de Estudos Miñoranos