María Goretti Fariñas recibiu o pasado sábado o III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local Menor de Morgadáns pola súa obra Devastacións dispoñibles. Á gañadora foille entregado un cheque por 3000 euros de mans do presidente da Entidade Local Menor de Morgadáns, Urbano Esmerodes. Tamén recibiu a peza conmemorativa deste evento obra do escultor miñorano Fino Lorenzo.