A arpista Marta Quintana, presentou hoxe unha escolma exquisita do seu fermoso repertorio na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Galega de nacemento e viguesa de adopción formouse como arpista na Emao con Rodrigo Romaní, do que segue a ser …
O próximo martes 22 de febreiro, as 20:30h. na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira 10 b., Gondomar) a arpista Marta Quintana, presentará Amable, o seu último disco. Neste traballo discográfico foron compañeiros de viaxe Cuchús Pimentel, Xurxo Varela, Suso Feixón, Marcos Campos, Marcos Padrón entre outros músicos; como técnico de gravación Bernal Álvarez e na mestura dixital Javier Abreu en Océano Studio, de Nigrán.