As máis recentes investigacións sobre a Prehistoria de Galicia serán expostas no XII Memorial Filgueira Valverde, que se celebrará no Museo de Pontevedra os días 5, 6 e 7 de novembro. Nesta edición se analizarán tres fitos particularmente significativos na investigación dese período, os xacementos de O Cabrón, en Arbo, de Porto Maior, nas Neves e de Cova de Eirós, en Triacastela, en Lugo.