Deixamos o audio completo da mesa redonda “Pola protección da serra do Galiñeiro” que tivo lugar onte na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Na mesma o biólogo e consultor ambiental Francisco J. Benítez Gómez, o catedrático de ecoloxía evolutiva Adolfo Cordero Rivera e o director do Parque Natural do Monte Aloia Gonzalo Puerto Arribas informaron sobre a situación das áreas protexidas en Galicia, as posibles figuras e estratexias de protección da serra do Galiñeiro e situación actual do proxecto do parque eólico que afecta a devandita zona.