Están abertas as inscricións para participar da VI Xornada de Literatura de Tradición Oral “Historias, mitos e monstros do mar de Galicia”. O encontro congregará a investigadores e especialistas que tratarán aspectos históricos, literarios e culturais derivados da longa relación da poboación galega co mar. O evento terá lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo o vindeiro 9 de novembro e contará coa participación do Subdirector do IEM, o arqueólogo Xosé Lois Vilar.