{youtube width=”250″ height=”200″}1xXKQyRRk_I{/youtube}
Fóra de toda previsión, a visita nocturna para visitar os petróglifos de Tourón congregou a máis de 300 persoas chegadas de distintos puntos de Galicia. Autobuses de estudantes, grupos da adultos maiores, rapaciños, e xente de tódalas idades achegáronse sobre as 22 horas ao Centro de Interpretación Arqueolóxica do Tourón, para escoitar unha presentación do arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM) sobre “Escenas de caza na arte rupestre galega”. Inmediatamente despois, os asistentes subiron cara ao monte para visitar os petróglifos guiados polo equipo de xeiras do IEM.