Deixamos este artigo escrito polo membro da Xunta de Goberno do IEM Xulián Maure e publicado por varios medios de prensa en relación coa recente desaparición do profesor e tradutor Valentín Arias López.
“Algún día Galicia coñecerá a súa historia e saberá canto lle debe ao laborador desta terra que hoxe nos deixou un pouco orfos. Valentín Arias deixa detrás del unha inxente obra da que, como amigo, fun testemuña singular.