O Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa Concellería de Cultura de Gondomar organiza un concerto de Xardín Desordenado no que presentarán a súa última gravación coa fin de promover a poesía galega. Neste último disco recóllense dezaseis poemas musicados, que, pola variedade xeracional e estilística, pode constituír unha mostraxe significativa dos poetas contemporáneos. O concerto de presentación deste disco terá lugar o venres 23 de marzo ás 20:30h. no Auditorio “Lois Tobío” de Gondomar.