Recentemente editado, Carlos Casares, o amigo das palabras, achéganos unha imaxe plural do senlleiro escritor ourensán a partir de trinta e tres entrevistas realizas a diversas personalidades da cultura. Rafael Laso Lorenzo (Xinzo de Limia, 1965), autor do libro, escolleu a tres membros desta casa que por unha razón ou outra, coñeceron persoalmente a Casares para a construción dese feixe de miradas. Hoxe compartimos a entrevista realizada á tamén escritora Rexina Vega, e en sucesivas achegas incluiremos as de Camiño Noia e Carlos Méixome.