“O gran poeta que escribiu este artigo é dos mais dilectos e admirados irmáns da Galiza.” Con estas verbas presentaba a redacción da revista A Fouce o artigo titulado O Costume (que hoxe reproducimos), autoría de Victoriano Taibo, e publicado o 15 de xuño de 1930 en Bos Aires (Arxentina). Daquela, Victoriano levaba dous meses instalado na Casa de Ulla, exercendo como mestre en Morgadáns, e xa publicara as obras Abrente (1922) e Da vella roseira (1924); ademais dunha serie de colaboración en numerosas revistas, principalmente galeguistas.