{youtube width=”250″ height=”200″}LQhkp7FNJ9A{/youtube}
John Thompson (1971) é doutor pola Universidade de Michigan e profesor de Linguas Modernas da Universidade de Montana. A súa presenza en Galicia débese a unha pescuda que el mesmo denomina “Lugares de memoria”. No seu traballo, Thompson intenta cartografar os monumentos e lugares públicos onde os artistas plasmaron obras a fin de manter viva a memoria de determinadas persoas ou feitos vinculados á represión en Galicia durante a ditadura franquista. Na entrevista que achegamos, o profesor describe algunhas características dos mesmo.