Un dos moitos argumentos recorrentes da modernidade é o abandono case total, de parte das artes plásticas, dunha idea de narración, asociada, quizais dun xeito inxenuo, a unha perspectiva fixa e homoxénea. A fotografía do século XIX, coas súas pretensións de verdade, invadiu o territorio da representación, e a pintura, orfa, algo estrañada, e aparentemente inútil, deu en emigrar alén dos seus límites tradicionais, espallándose fora do marco do cadro, na procura doutros espazos nos que se desenvolver. Desde entón, e malia os fecundos roteiros que se derivaron desa aventura adolescente, a pintura semella vivir cunha morte sempre anunciada, pendurada nun denso limbo de sospeita.
O venres 24 de maio tivo lugar a inauguración da exposición OBRA RECENTE, do plástico Xosé Carlos Barros na Aula de Cultura Ponte de Rosas. O traballo foi presentado polo artista e membro da Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos, Fino Lorenzo.
O vindeiro venres 24 de maio ás 20:30 horas terá lugar a inauguración da exposición OBRA RECENTE, do plástico Xosé Carlos Barros. O traballo será presentado polo artista vigués Amando, e introducido por Fino Lorenzo. O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), sede do IEM.
Presente nas mellores coleccións institucionais e privadas do país, a obra que Xosé Carlos Barros (Vigo, 1962) presenta na Aula de Cultura Ponte de Rosas, supón un exquisito experimento plástico que indaga nas posibilidades simbólicas da materia.
Presente nas mellores coleccións institucionais e privadas do país, a obra que Xosé Carlos Barros (Vigo, 1962) presenta na Aula de Cultura Ponte de Rosas, supón un exquisito experimento plástico que indaga nas posibilidades simbólicas da materia.